París 2024 | Atletismo

Adrián Ben perde na recta final o pase directo a semis e terá que buscalo na repesca

O atleta de Viveiro apretou na última volta pero foi superado por Kramer e Tecuceanu nos últimos metros.
Adrián Ben. (Foto: AFP7 / Europa Press)
photo_camera Adrián Ben. (Foto: AFP7 / Europa Press)

O atleta viveirés Adrián Ben, que disputa os seus segundos Xogos após estrearse cun máis que meritorio quinto posto —e diploma olímpico— en Toquio 2020, non conseguiu na mañá desta cuarta feira o pase directo ás semifinais por centésimas. Ben mantívose durante toda a carreira da súa serie clasificatoria no pelotón e pisou o acelerador a falta de pouco máis de 200 metros para chegarlle a disputar o liderado ao kenyano Emmanuel Wanyonyi, prata mundial nos 800m e quen acabou cruzando a meta primeiro.

Pero na recta final o italiano Catalin Tecuceanu e o sueco Andreas Kramer apretaron para roubarlle o billete a semis ao galego, que agora terá unha segunda oportunidade na repesca desta quinta feira (12 horas) para conseguilo. Adrián Ben parou o crono en 1:45.03, dez centésimas máis que Kramer.

Comentarios