Narón vive a festa viaxeira

O Gulliver Fest trae o mundo até Ferrolterra
gulli
photo_camera A cita do Gulliver Fest trae actividades para toda a familia. (Foto: Concello de Narón)

Nun lugar privilexiado como é a Área Natural Muíño de Pedroso e o cámping Río Xuvia en Narón (Ferrolterra) desde hoxe e até o domingo a xente viaxeira ten unha cita. Trátase do Gulliver Fest, un evento que combina charlas viaxeiras, concertos, actividades infantís, obradoiros e deporte dedicadas ao mundo das viaxes. Organizado pola Asociación FurgoGalicia -xunto co concello- o seu presidente, Ángel Sánchez, relata a Nós Diario que a proposta naceu "como non podía ser doutra maneira, nunha viaxe".

A idea era, e segue sendo, compartir experiencias e manter o contacto coas persoas que coñeceron polo mundo adiante. Co soño realizado, por segundo ano consecutivo conseguiron que se achegue a sumar a compañía Camper Cover 

Nun espazo preparado para as autocaravanas e furgonetas adaptadas, sen esquecer as tendas de campaña, o festival comezará mañá pola tarde cando accedan ao escenario Worknature, The Honkie Blues Band, Superglúe e La Duendeneta. Ambos os dous días da fin de semana haberá de mañá ioga e, como actividade principal do sábado, haberá nunha carreira de orientación.

A participación é un dos sinais de identidade deste evento e notarase no escenario. Nesta edición as persoas que asistan poderán coñecer experiencias viaxeiras como a de Íñigo Echenique, un nómade dixital; ou o mono migrador, a proposta de emprender a Panamericana en familia. Ademais, Pablo Nemo explicará os 800 días que pasou viaxando por África e Ebbaba relatará a súa viaxe forzosa tras estalar a guerra. No apartado musical, ademais dos grupos citados, actuarán Festicultores Troupe e La Ganga Calé.

Comentarios