A audiencia de Fervenzas Literarias elixe Sermos Galiza como mellor medio de comunicación 2017
Os lectores e lectoras da web cultural Fervenzas Literarias escolleron Sermos Galiza como o mellor medio de comunicación de 2017. Unha escolla que se enmarca na tradicional votación da audiencia para elixir as obras, autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega máis destacadas do ano. Nesta edición (e van 11) participaron 522 enquisas válidas. As e os lectores de Fervenzas Literarias tamén recoñecen o labor de medios como Praza Pública, Chamando á Terra da Radio Galega, Luzes e o Diario Cultural da CRTVG.
O mellor medio de comunicación: Sermos Galiza
O mellor libro de narrativa: A nena do abrigo de astracán (Xerais) de Xabier P. DoCampo
O mellor libro de poesía: Lumes (Apiario) de Ismael Ramos
O mellor libro de ensaio/investigación: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (Galaxia) de María Xesús Lama
O mellor libro de teatro: Suite Artabria (Xerais) de Manuel Lourenzo.
O mellor libro de banda deseñada: O Bichero VII. De punta a chicote (Luís Dávila) Luís Dávila
O mellor espazo literario na web: ‘Caderno de Crítica’, de Ramón Nicolás;
O mellor acontecido en 2017: Culturgal.
O peor acontecemento: A política lingüística do goberno da Xunta.
A mellor libraría: Cartabón (Vigo)
O mellor crítico literario: Armando Requeixo
A mellor editorial: Galaxia
A mellor capa de LIX : A señorita Bubble (Xerais) Capa de: Andrés Meixide
A mellor autora/autor : Ismael Ramos
O mellor ilustradora/ilustrador: Víctor Rivas
A mellor capa de adultos : Luns (Xerais)
O mellor libro de literatura infantil : A señorita Bubble (Xerais) Ledicia Costas (texto) Andrés Meixide (ilustracións)
O mellor libro de LIX traducido : Pippi Mediaslongas (Kalandraka) Astrid Lindgren (texto)
O mellor libro de literatura infantil: Os nenos da varíola (Galaxia) María Solar
O mellor libro de tradución para adultos: Thérèse Raquin (Hugin e Munin) Émile Zola