A audiencia de Fervenzas Literarias elixe Sermos Galiza como mellor medio de comunicación 2017

_MG_1161
photo_camera A redacción de Sermos

Os lectores e lectoras da web cultural Fervenzas Literarias escolleron Sermos Galiza como o mellor medio de comunicación de 2017. Unha escolla que se enmarca na tradicional votación da audiencia para elixir  as obras, autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega máis destacadas do ano. Nesta edición (e van 11) participaron 522 enquisas válidas. As e os lectores de Fervenzas Literarias tamén recoñecen o labor de medios como Praza Pública, Chamando á Terra da Radio Galega, Luzes e o Diario Cultural da CRTVG.

O mellor medio de comunicación: Sermos Galiza

O mellor libro de narrativa: A nena do abrigo de astracán (Xerais) de Xabier P. DoCampo

O mellor libro de poesía: Lumes (Apiario) de Ismael Ramos

O mellor libro de ensaio/investigación: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (Galaxia) de María Xesús Lama

O mellor libro de teatro: Suite Artabria (Xerais) de Manuel Lourenzo.

O mellor libro de banda deseñada: O Bichero VII. De punta a chicote (Luís Dávila) Luís Dávila

O mellor espazo literario na web: ‘Caderno de Crítica’, de Ramón Nicolás;

O mellor acontecido en 2017Culturgal

O peor acontecemento: A política lingüística do goberno da Xunta. 

A mellor libraría: Cartabón (Vigo)

O mellor crítico literario: Armando Requeixo

A mellor editorial: Galaxia

A mellor capa de LIX : A señorita Bubble (Xerais) Capa de: Andrés Meixide

A mellor autora/autor : Ismael Ramos

O mellor ilustradora/ilustrador: Víctor Rivas

A mellor capa de adultos : Luns (Xerais)

O mellor libro de literatura infantil : A señorita Bubble (Xerais) Ledicia Costas (texto) Andrés Meixide (ilustracións)

O mellor libro de LIX traducido : Pippi Mediaslongas (Kalandraka) Astrid Lindgren (texto)

O mellor libro de literatura infantil: Os nenos da varíola (Galaxia) María Solar

O mellor libro de tradución para adultos: Thérèse Raquin (Hugin e Munin) Émile Zola

Máis en CULTURA
Comentarios