Este domingo Compostela acolle o Festival de Música e Palabra Solidaria Implícate-2016!
Completiña vén a axenda do lecer para esta fin de semana, cunha cita tan suxestiva como a que nos propón a ONG Implicadas no Desenvolvimento para este domingo.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras
Santiago de Compostel
Sala Capitol
22.00h
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre regresan á Sala Capitol, desta volta coa sorpresa das Tanxugueiras, un dos grupos máis prometedores.
Xosé Lois Romero & Aliboria
Vilar dos Santos
A Arca da Noe
22.00h.
A Arca da Noe acolle un concerto de1 Xosé Lois Romero & Aliboria e ofrecen un curso de Multipercussão Tradicional, con inscrición previa.
Obradoiro de xogos e xoguetes en galego
Barro
Pazo da Crega
18.00h
Un obradoiro para familias con crianzas entre os 2 e os 10 anos para partillar espazos e tempos de ocio en galego.
A danza da choiva + Taller do Son
Santiago de Compostela
Salón Teatro
17.00h
Espectáculo infantil de Elefante Elegante e obradoiro previo antes das funcións para coñecer e aprender como funciona o teatro por dentro.
Domingo
Implícate! 2016 - Festival de Música e Palabra Solidaria
Santiago de Compostela
Teatro Principal
20.30h
A ONG Implicadas no Desenvolvemento realiza a súa noite de música e palabra solidaria. Esta edición estará presentada por Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras. Contarán coas actuacións musicais de Nacho Vegas, De Vacas e IGMIG; danza con Clara Ferrao; teatro con Rober Bodegas e Marián Bañobre; e poesía con Eli Ríos, Gonzalo Hermo, O Leo e Margarida Ledo.
Toda a finde
Pegadas na terra
Pontevedra
Pazo da Cultura
20.00h
Unha mostra colectiva na que os artistas se achegan á natureza con diferentes olladas sobre a paisaxe e o territorio, a contorna, o tempo e a distancia.
Vari Caramés. Ventá ao insólito
Ferrol
Sede Afundación Ferrol
Até o 11 de febreiro
20.00h
A exposición deste fotógrafo ferrolán, un dos fotógrafos máis singulares, busca suxerir, evocar e facer soñar ao espectador.
Circa 70. Lírica e deformación no cambio de era
Vigo
Museo Municipal de Vigo Quiñones de León
Até o 24 de xullo
A exposición reúne obras de artistas galegos, que maioritariamente traballan en Galiza e especialmente en Vigo, ao redor de 1970.
Maruxa Mallo: unha pintora de vangarda
Santiago de Compostela
Biblioteca Pública Ánxel Casal
05-31.01.2017
Exposición sobre a obra e vida de Maruxa Mallo, pintora de vangarda, co gallo do Día da Ilustración. Trátase dunha mostra bibliográfica complementada con fotos e textos que nos aproxima a unha obra que é cada vez máis valorada. Maruxa Mallo, a máis recoñecida das artistas galegas do século XX, será a nova homenaxeada no Día das Artes Galegas.