Este domingo Compostela acolle o Festival de Música e Palabra Solidaria Implícate-2016!

Completiña vén a axenda do lecer para esta fin de semana, cunha cita tan suxestiva como a que nos propón a ONG Implicadas no Desenvolvimento para este domingo.

implicateSábado

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras

Santiago de Compostel

Sala Capitol

22.00h

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre regresan á Sala Capitol, desta volta coa sorpresa das Tanxugueiras, un dos grupos máis prometedores.

Xosé Lois Romero & Aliboria

Vilar dos Santos

A Arca da Noe

22.00h.

A Arca da Noe acolle un concerto de1 Xosé Lois Romero & Aliboria e ofrecen un curso de Multipercussão Tradicional, con inscrición previa.

Obradoiro de xogos e xoguetes en galego

Barro

Pazo da Crega

18.00h

Un obradoiro para familias con crianzas entre os 2 e os 10 anos para partillar espazos e tempos de ocio en galego.

A danza da choiva + Taller do Son

Santiago de Compostela

Salón Teatro

17.00h

Espectáculo infantil de Elefante Elegante e obradoiro previo antes das funcións para coñecer e aprender como funciona o teatro por dentro. 

Domingo

Implícate! 2016 - Festival de Música e Palabra Solidaria

Santiago de Compostela

Teatro Principal

20.30h

A ONG Implicadas no Desenvolvemento realiza a súa noite de música e palabra solidaria. Esta edición estará presentada por Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras. Contarán coas actuacións musicais de Nacho Vegas, De Vacas e IGMIG; danza con  Clara Ferrao; teatro con Rober Bodegas e Marián Bañobre; e poesía con Eli Ríos, Gonzalo Hermo, O Leo e Margarida Ledo.

Toda a finde

Pegadas na terra

Pontevedra

Pazo da Cultura

20.00h

Unha mostra colectiva na que os artistas se achegan á natureza con diferentes olladas sobre a paisaxe e o territorio, a contorna, o tempo e a distancia.

Vari Caramés. Ventá ao insólito

Ferrol

Sede Afundación Ferrol

Até o 11 de febreiro

20.00h

A exposición deste fotógrafo ferrolán, un dos fotógrafos máis singulares, busca suxerir, evocar e facer soñar ao espectador.

Circa 70. Lírica e deformación no cambio de era

Vigo

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

Até o 24 de xullo

A exposición reúne obras de artistas galegos, que maioritariamente traballan en Galiza e especialmente en Vigo, ao redor de 1970. 

Maruxa Mallo: unha pintora de vangarda

Santiago de Compostela

Biblioteca Pública Ánxel Casal

05-31.01.2017

Exposición sobre a obra e vida de Maruxa Mallo, pintora de vangarda, co gallo do Día da Ilustración. Trátase dunha mostra bibliográfica complementada con fotos e textos que nos aproxima a unha obra que é cada vez máis valorada. Maruxa Mallo, a máis recoñecida das artistas galegas do século XX, será a nova homenaxeada no Día das Artes Galegas.

Máis en CULTURA
Comentarios