Berta Dávila gaña o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros
17 de xullo de 2019 (13:01 h.)
O xurado escolleu a súa obra, Carrusel.
Carrusel, de Berta Dávila foi a obra escollida polo xurado do Premio de Novela Manuel García Barros, que organiza o Concello da Estrada, como gañadora da 31 edición.
O xurado destaca a súa "depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes", que nos achegan a un "mundo interior gobernado pola autenticidade dos sentimentos", segundo destaca o fallo do xurado. A autora recibirá un premio en metálico de 9.000 euros.
Berta Dávila Fernández, (Compostela, 1987) é autora de poemarios, narrativa e tamén se adentro na literatura infantil e xuvenil.