Berta Dávila gaña o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros

O xurado escolleu a súa obra, Carrusel

Berta Dávila (Foto: Distrito Xermar)
photo_camera Berta Dávila (Foto: Distrito Xermar)

Carrusel, de Berta Dávila  foi a obra escollida polo xurado do Premio de Novela Manuel García Barros, que organiza o Concello da Estrada, como gañadora da 31 edición.

O xurado destaca a súa "depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes", que nos achegan a un "mundo interior gobernado pola autenticidade dos sentimentos", segundo destaca o fallo do xurado. A autora recibirá un premio en metálico de 9.000 euros.

Berta Dávila Fernández, (Compostela,  1987) é autora de poemarios, narrativa e tamén se adentro na literatura infantil e xuvenil.

Comentarios