A canteira da música galega na gala do certame Quero Cantar
A IV edición do certame Quero Cantar entregou os seus premios o pasado domingo 24 de novembro no Teatro Colón.
Na categoría infantil, a banda gañadora da resultou A música das baleas (Caion). O segundo premio recaeu en Rap-osiños (Laxe), mentres Baroubanda (Ames) levou para a casa o terceiro trofeo.
Na categoría xuvenil, Isma Kalo (A Coruña), foi o proxecto musical galardoado co primeiro posto. En segundo lugar quedou Noa (Vila de Cruces) e en terceiro, Veiga (Sada).
A gala, presentada por Sole Felloza, gozou coa participación dos seis finalistas e estivo amenizada por Magín Blanco e a Banda das Apertas.
A Deputación da Coruña outorga estes galardóns coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, infantil e xuvenil.