A compañía vasca Kukai Dantza pon o ramo ao Primavera enDanza en Carballo
Será este domingo (20 horas) no Auditorio do Pazo da Cultura coa posta en escena do espectáculo Oskara. Mais a oferta desta fin de semana non se esgota aí...
- Sexta feira
Os fíos do Querer
Rois
Auditorio Municipal
18.00h
Concerto participativo para crianzas de 0 a 3 anos. Un agarimoso espectáculo musical a cargo de Cé Orquestra Pantasma,
- Sexta feira e sábado
Interplay 2017
Carballo
Pazo da Cultura e Forum Carballo
Un festival de contidos dixitais que vai máis alá da ficción seriada (webseries), focando a cultura dixital e o patrimonio audiovisual dixital.
- Sábado
Feminino plural. Cancións compostas por mulleres
Ortigueira
Teatro da Beneficencia
20.00h
Concerto de Silvia Penide e Carla López, voz e teclado, amosan o percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade.
De conto en conto
Santiago de Compostela
Biblioteca Pública Ánxel Casal
12.00h
Os sábados, choiva de contos para o público familiar. Contacontos a cargo de Ana Carreira para viaxar por un mundo de contos e maxia.
- Domingo
Primavera enDanza
Carballo
Auditorio do Pazo da Cultura
20.00h
Oskara, da compañía vasca Kukai Dantza Banaketa, pecha a Primavera enDanza con este espectáculo de danza contemporánea, tradicional e vangardista.
- Toda a finde
A Forza Necesaria
A Coruña
Praza de María Pita
Até o 15 de maio.
Unha exposición que repasa a traxectoria histórica da Coruña na defensa dos dereitos laborais e o movemento obreiro, obra do deseñador Pepe Barro.
Xeolodía 2017
San Sadurniño
Tamén o 13 de maio.
Unha xornada para promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Contarán con excursións de campo por zonas de interese que irán acompañadas das explicacións de profesionais nesta disciplina, cunha ruta polos concellos de San Sadurniño, Neda e A Capela, para coñecer o patrimonio xeolóxico desta zona.
Barriga Verde
Allariz
Fundación Vicente Risco
Até o 28 de maio.
Organizada pola Asociación Cultural Morreu o Demo, Barriga Verde, de feira en feira, é unha mostra sobre o títere tradicional galego máis lembrado. A exposición recupera bonecos e pezas orixinais, fai unha introdución ao mundo das feiras, dos seus valores culturais, comerciais, sociais ou gastronómicos, e repasa a evolución e as conexións internacionais do protagonista.
Festa do Muíño
Coiro
Muíño de Fausto
Con charlas e actuacións musicais, actividades para crianzas e exaltación da fariña milla, a empanada de millo, os ovos fritidos e o viño.