QUE FACER?

A compañía vasca Kukai Dantza pon o ramo ao Primavera enDanza en Carballo

Será este domingo (20 horas) no Auditorio do Pazo da Cultura coa posta en escena do espectáculo Oskara. Mais a oferta desta fin de semana non se esgota aí...

XV Primavera en Danza. Carballo.
  • Sexta feira

 

Os fíos do Querer

Rois

Auditorio Municipal

18.00h

Concerto participativo para crianzas de 0 a 3 anos. Un agarimoso espectáculo musical a cargo de Cé Orquestra Pantasma, 

  • Sexta feira e sábado

 

Interplay 2017

Carballo

Pazo da Cultura e Forum Carballo

Un festival de contidos dixitais que vai máis alá da ficción seriada (webseries), focando a cultura dixital e o patrimonio audiovisual dixital. 

  • Sábado

 

Feminino plural. Cancións compostas por mulleres

Ortigueira

Teatro da Beneficencia 

20.00h

Concerto de Silvia Penide e Carla López, voz e teclado, amosan o percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade.

De conto en conto

Santiago de Compostela

Biblioteca Pública Ánxel Casal 

12.00h

Os sábados, choiva de contos para o público familiar. Contacontos a cargo de Ana Carreira para viaxar por un mundo de contos e maxia. 

  • Domingo

 

Primavera enDanza

Carballo 

Auditorio do Pazo da Cultura

20.00h

Oskara, da compañía vasca Kukai Dantza Banaketa, pecha a Primavera enDanza con este espectáculo de danza contemporánea, tradicional e vangardista. 

  • Toda a finde

 

A Forza Necesaria 

A Coruña 

Praza de María Pita 

Até o 15 de maio.

Unha exposición que repasa a traxectoria histórica da Coruña na defensa dos dereitos laborais e o movemento obreiro, obra do deseñador Pepe Barro.

Xeolodía 2017

San Sadurniño 

Tamén o 13 de maio.

Unha xornada para promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Contarán con excursións de campo por zonas de interese que irán acompañadas das explicacións de profesionais nesta disciplina, cunha ruta polos concellos de San Sadurniño, Neda e A Capela, para coñecer o patrimonio xeolóxico desta zona.

Barriga Verde 

Allariz

Fundación Vicente Risco

Até o 28 de maio.

Organizada pola Asociación Cultural Morreu o Demo,  Barriga Verde, de feira en feira, é unha mostra sobre o títere tradicional galego máis lembrado. A exposición recupera bonecos e pezas orixinais, fai unha introdución ao mundo das feiras, dos seus valores culturais, comerciais, sociais ou gastronómicos, e repasa a evolución e as conexións internacionais do protagonista.

Festa do Muíño

Coiro 

Muíño de Fausto 

Con charlas e actuacións musicais, actividades para crianzas e exaltación da fariña milla, a empanada de millo, os ovos fritidos e o viño.

Comentarios