“Guru Jazzmatazz serviume para aprender a falar en vez de cantar”
Cando Antón Reixa (Vigo, 1957) e Os Resentidos publicaron as súas primeiras gravacións, nada volveu ser igual. Dúas cancións dadaístas sobre fondo soviético e o aire radical de The Residents, incluídas no EP compartido con Siniestro Total Surfin' CCCP (1984), abriron unha das máis abraiantes carreiras da música galega. Ademais de poeta singularísimo, Reixa inaugura a nova sección de Sermos Galiza Albums de aquí e acolá.
“O disco de Safari Orquestra”, responde á comprometida, difícil, pregunta de que disco galego lle fala máis ao caso. “Descubrín unha proximidade afectivo xeográfica co traballo que eu facía”, relata, “que me fixo sentir reconfortado”. Ben deitei (2010) titulouse aquela gravación, que reactualizaba a electrónica británica máis negroide. Á sombra de Massive Attack e a vaga trip hop, Emilio López e Xermán Viluba -ambos os dous ex Skornabois-, Arturo Vaquero, Dr. Think e Laura Romay construíron un artefacto cálido e a deshoras