“O disco de Safari Orquestra”, responde á comprometida, difícil, pregunta de que disco galego lle fala máis ao caso. “Descubrín unha proximidade afectivo xeográfica co traballo que eu facía”, relata, “que me fixo sentir reconfortado”. Ben deitei (2010) titulouse aquela gravación, que reactualizaba a electrónica británica máis negroide. Á sombra de Massive Attack e a vaga trip hop, Emilio López e Xermán Viluba -ambos os dous ex Skornabois-, Arturo Vaquero, Dr. Think e Laura Romay construíron un artefacto cálido e a deshoras
“Eu empezaba a compoñer con Kaki Arkarazo e colaboraba con Xabi Pez”, fai memoria, “e Xabi insistíame en que non cantase, que falase”. Para convencelo, púñalle un exemplo: o Vol.1 (1993), de Guru Jazzmatazz. “Serviume, achegoume ao spoken word”. Ese é o disco internacional que prefire Antón Reixa. Aleación de hip hop e jazz, non resulta difícil identificar a súa influencia nos discos de Nación Reixa, o seu proxecto con Kaki Arkarazo. “Axudoume, ademais, a recuperar o gusto polo jazz e o funk”, conclúe.