CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Killus: Imperator

Após a publicación do seu impoñente Ultrazombies, estabamos todos agardando o novo traballo de Killus, un dos máximos expoñentes do metal industrial no estado.  Por fin, a espera chegou ao seu fin, e Imperator, o seu novo traballo xa viu  a luz.

Escuro e maligno. Esa é a definición que se me ocorrería se alguén me dixese que fose quen de describir de xeito rápido este traballo. A liberación do rei demo, Imperator, trae consigo 13 temas (12 e unha intro) de dor e sufrimento. O mundo non é perfecto e de cores e Killus sábeo e quere abrirnos os ollos á realidade con este novo plástico.

 

O metal industrial non é precisamente un xénero que se prodigue moito por aquí, e moito menos polas terras levantinas, de onde a banda provén, máis na súa curta carreira, a banda foi quen de facerse un oco prestixioso a nivel internacional. Cabe destacar que neste traballo contan coa colaboración de Tim Sköld (Marilyn Manson)  no tema Rostov

 

A produción é impecábel e oferece ese nivel que a banda mantén ao alza con cada traballo

 

A primeira impresión que temos ao escoitar este plástico é que foi coidado cada detalle ao milímetro. A produción é impecábel e oferece ese nivel que a banda mantén ao alza con cada traballo. Malia que poda parecer o contrario, foi gravado por Ruk, guitarrista do grupo, no seu propio estudio e masterizado no Crossfade Mastering Studio de Castelló. Isto demostra que non é preciso facer milleiros de quilómetros para lograr un excelente resultado cando o material é bo. 

 

Probablemente se Killus fose unha banda americana estaría enchendo grandes estadios e Imperator xa estaria nos postos máis altos das listas de ventas. Imperator, tema que dá título ao disco, entra golpeando direitamente ao peito. Ás bases pesadas que aquí aparecen serán unha constante ao longo de todo o traballo. Destaca o atinado emprego dos samplers que fai a banda, que encaixan en todos os temas sen destacar, mais sendo unha importante base de sustento. Sempre é díficil no xénero industria non caer nos excesos tecnolóxicos  máis a banda está neste terreo comedida e é capaz de crear un álbum moi sólido en todo o seu conxunto que che fai capaz de ficar quedo un só segundo. 

 

O único que se lle pode achacar a este disco é a falla de innovación dentro dos cánones do xénero.  Por momentos semella que estamos a escoitar un traballo de Marilyn Manson, ou de Ministry. Esa fidelidade aos cánones encantará os máis fieis seguidores do xénero, mais para quen non sexa moi seguidor, pode ter a sensación de ser un disco plano, porén non hai que esquecer que isto é o que se espera de Killus.  Así que non lle deades máis voltas. Subide o volume, premede play e entrade nese mundo de fantasía escura que nos traen Killus.

 

KILLUS NAS REDES

 

Web: http://www.killusofficial.com/
Facebook: https://www.facebook.com/Killusband
Twitter: @KillusBand

 

LISTAXE DE TEMAS

01.- The Awakening
ç

02.- Imperator


03.- The Army Of Dead Soldiers


04.- Rostov


05.- Stranger Things


06.- Queen Of Babylon


07.- The Coven


08.- Let Me In


09.- Eternity


10.- Do It In My Name


11.- The Demon´s Inn


12.- Infectio


13.- The Black Sound