Escuro e maligno. Esa é a definición que se me ocorrería se alguén me dixese que fose quen de describir de xeito rápido este traballo. A liberación do rei demo, Imperator, trae consigo 13 temas (12 e unha intro) de dor e sufrimento. O mundo non é perfecto e de cores e Killus sábeo e quere abrirnos os ollos á realidade con este novo plástico.
O metal industrial non é precisamente un xénero que se prodigue moito por aquí, e moito menos polas terras levantinas, de onde a banda provén, máis na súa curta carreira, a banda foi quen de facerse un oco prestixioso a nivel internacional. Cabe destacar que neste traballo contan coa colaboración de Tim Sköld (Marilyn Manson) no tema Rostov.
A produción é impecábel e oferece ese nivel que a banda mantén ao alza con cada traballo
A primeira impresión que temos ao escoitar este plástico é que foi coidado cada detalle ao milímetro. A produción é impecábel e oferece ese nivel que a banda mantén ao alza con cada traballo. Malia que poda parecer o contrario, foi gravado por Ruk, guitarrista do grupo, no seu propio estudio e masterizado no Crossfade Mastering Studio de Castelló. Isto demostra que non é preciso facer milleiros de quilómetros para lograr un excelente resultado cando o material é bo.
Probablemente se Killus fose unha banda americana estaría enchendo grandes estadios e Imperator xa estaria nos postos máis altos das listas de ventas. Imperator, tema que dá título ao disco, entra golpeando direitamente ao peito. Ás bases pesadas que aquí aparecen serán unha constante ao longo de todo o traballo. Destaca o atinado emprego dos samplers que fai a banda, que encaixan en todos os temas sen destacar, mais sendo unha importante base de sustento. Sempre é díficil no xénero industria non caer nos excesos tecnolóxicos máis a banda está neste terreo comedida e é capaz de crear un álbum moi sólido en todo o seu conxunto que che fai capaz de ficar quedo un só segundo.
O único que se lle pode achacar a este disco é a falla de innovación dentro dos cánones do xénero. Por momentos semella que estamos a escoitar un traballo de Marilyn Manson, ou de Ministry. Esa fidelidade aos cánones encantará os máis fieis seguidores do xénero, mais para quen non sexa moi seguidor, pode ter a sensación de ser un disco plano, porén non hai que esquecer que isto é o que se espera de Killus. Así que non lle deades máis voltas. Subide o volume, premede play e entrade nese mundo de fantasía escura que nos traen Killus.
KILLUS NAS REDES
Web: http://www.killusofficial.com/
Facebook: https://www.facebook.com/Killusband
Twitter: @KillusBand
LISTAXE DE TEMAS
01.- The Awakening ç
02.- Imperator
03.- The Army Of Dead Soldiers
04.- Rostov
05.- Stranger Things
06.- Queen Of Babylon
07.- The Coven
08.- Let Me In
09.- Eternity
10.- Do It In My Name
11.- The Demon´s Inn
12.- Infectio
13.- The Black Sound