Os rexistros sonoros de 1921, 100 anos despois

Cantigas da Terra foi fundada no ano 1921 (Foto: Nós Diario).

Cantigas da Terra conmemora ante o seu público as súas primeiras gravacións.

Cantigas da Terra conmemora co seu público os seus primeiros rexistros sonoros que fixo en 1921. O coro coruñés, a través deste espectáculo, reflexiona sobre si mesmo e sobre o seu desenvolvemento ao longo dos anos.

Para iso, ademais de contar con todo o elenco da entidade (coro, grupo de gaitas, grupo de teatro e corpo de baile), permitirá escoitar, de novo e no formato orixinal, aquelas primeiras gravacións de 1921.

O público asistente gozará tamén de novas interpretacións recreadas pola formación actual de Cantigas de Terra a través dun compendio de obras que definen a traxectoria da centenaria institución. Ademais, no acto haberá, tamén, un pequeno coloquio con varias especialistas que reflexionarán sobre a repercusión que, na súa época, tiveron estas históricas gravacións.

O espectáculo desenvolverase no recinto do Teatro Colón da Coruña a partir das 30 horas do 30 de xuño, terza feira, e a pesar de que os boletos son de balde, é necesario tramitalos a través da plataforma oficial do recinto, que lembra que a causa da normativa sanitaria resulta obrigatorio o uso da máscara, a aplicación de solución hidroalcohólica na entrada e a imposibilidade de acceder no caso de contar con calquera tipo de síntomas compatíbeis coa enfermidade