O Sonoro Maxín estrea novo disco, 'Sete dezasete'
Os abandeirados da "Galiza tropical" regresan desde Ourense con novo disco que segue polos vieiros da música festiva e de mestizaxe.
O grupo liderado por Ico (ex Lamatumbá), estrea novo disco producido por Marià Roch (de La Troba Kung Fu), no que segue apostando por manter a súa liña de música festiva, de mestizaxe con ritmos latinos e por seguir acuñando o termo de Galiza tropical.
Seguen a apostar por manter a súa liña de música festiva, de mestizaxe con ritmos latinos e por seguir acuñando o termo de Galiza tropical.
Sobre este novo disco, os ourensáns explícano así: "presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta como ti cantas”. E sobre a razón do título: “O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos... Todo o que che cómpre! As músicas de 'Sete dezasete' nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordear completamente. Cada día na nosa cabeza, nos nosos pés, no noso corazón, na nosa vida imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde".