Volve o S8 dedicado aos novos impresionistas

Sergei Eisenstein

Regresa en xuño S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña, que nesta edición se lle dedica a “Os novos impresionistas”. Inaugurarase o 30 de maio cunha sesión de cinema-concerto coa proxección de 'O acorazado potemkin' sonorizada en vivo por Chris Jarrett.

O S8 celebra do 1 ao 5 de xuño a súa sétima edición. Unha edición especial baixo o nome de “Os novos impresionistas” que reunirá recoñecidos cineastas como o canadiano Stephen Broomer e o francés Jacques Perconte, artista do‘glitch’,que presentará unha ‘performance’con  música  en  directo  eunha  exposición  da  súa  obra.  Así  mesmo,  o festival presentará unha panorámica que inclúe os novos traballos de artistas internacionais ao redor da idea  do  impresionismo  no cinema  eu n  programa  histórico  dedicado  á cineasta,  teórica  e crítica Germaine Dulac. 

A sétima  edición  do festival comezará cun  cinema-concerto  a  modo  de  gala  inaugural  o  30  de maio  no Teatro  Rosalía  de  Castro (A Coruña) no que  se  poderá  ver a  copia  restaurada  de  ‘O acoirazado Potemkin’.  A  proxección  da obra  mestra  de  Sergei M. Eisenstein  e  pedra  angular  da modernidade da  montaxe cinematográfica será  sonorizada en  directo polo estadounidense Chris Jarrett, autor dunha partitura orixinal inspirada no filme. Na  antesala  do  festival, o fin  de  semana  do  28  e  29  de  maio,  o  cineasta  galego  Miguel  Mariño impartirá   na   Fundación Luis Seoane, dentro   da   sección   Mini(S8), o obradoiro ‘Fabricación de proxectores caseiros’.

“Os   novos impresionistas”  é  o  nome  co  que  este  ano  o S8  bautiza a  súa  edición  especial,  na  que  conflúen cineastas (emerxentes e veteranos) para os que a experimentación coa luz e as calidades pictóricas do cine  é  esencial.  Investigando  os  límites  da  percepción  sensorial e  da  subxectividade,  este  grupo  de cineastas asina nalgunhas das obras visualmente máis estimulantesdos últimos anos. É o caso de Jacques   Perconte,   un   dos   artistas franceses  máis  solicitados  da  actualidade,  que  trae ao S8  unha exposición,    unha performance sonorizada  en  directo  e  a  estrea  internacional  do seu  último  filme, 'Save my Heart  from  the  World'. Utilizando  o  vídeo  dixital e explotando  todas  as posibilidades plásticas do chamado glitch (é dicir, as alteracións da imaxe causadas pola manipulación do código), Perconte abre portas a paisaxes imposibles de cores e formas insólitas.

Tamén  visita  por  primeira  vez Galiza e o Estado Stephen  Broomer,  novo  e, con  todo, xa  consagrado  cineasta, conservador  e  teórico  canadiano.  Broomer  traerá  á Coruña  os  seus  traballos  en  16mm.  Fitas  nas  que  as  cores  e  as  texturas evocan o traballo  dos primixenios impresionistas, nunha  procura  formal  cuxo  embriagador  resultado achégao tamén  aos autores máis abstractos dentro desta corrente. O  apartado  dedicado  ao impresionismo complétase  cunha  selección  de  traballos  recentes  de  artistas internacionais como os estadounidenses Jodie  Macke, Robert  Todd, o  arxentino Pablo  Mazzolo, oscanadianos John  Price,  Alexandre  Larose  e Eva  Kolcze  ou  a británica Charlotte  Pryce.  

O  S8  tamén ofrecerá unha  sesión  dedicada  a Germaine  Dulac,  pioneira  do cinema e  parte da  corrente vangardista dos anos 20  designada  como “impresionistas  franceses”,  á  que  tamén pertenceron  Jean  Epstein, Louis Delluc e  Abel  Gance.  O traballo  de  Dulac proxectarase en formato fílmico.