Xavier Queipo gaña o San Clemente con "Extramunde"

O escritor Xavier Queipo é o autor galego galardoado co Premio Arcebispo San Clemente pola súa novela Extramunde. O escritor faise cun galardón de prestixio e singular en que o xurado está composto por rapaces e rapazas do ensino medio.