Sermosgaliza
13/xuño/12 - 01:53
Actualizado: 15/xuño/12 - 01:23
Cada ano, un peculiar xurado reúnese en Compostela para outorgar os Premios Arcebispo San Clemente, organizados polo Instituto Rosalía de Castro da cidade. Nesta edición os rapaces e rapazas que tomaron parte do xurado viñan do propio Rosalía de Castro ademais do Chano Piñeiro de Forcarei, o Leiras Pulpeiro de Lugo, o Agra do Orzán da Coruña e o Xulio Prieto Nespereira de Ourense.
Xavier Queipo coa súa obra Extramunde (Xerais) foi o autor e a novela escollidos no apartado de lingua galega ao tempo que Marina Mayoral con Deseos (Alfaguara) e Sete Anos (Acantilado) de Piter Stamn foron as seleccionadas en español e outras linguas. Extramunde fora xa galardoada co Premio Xerais do 2011 e nela o escritor retrotráese ao século XVI para narrar a travesía dun barco desde Galiza a Borneo no que viaxan seres marxinados.
Etiqueta