Xoel López, Malandrómeda ou as Tanxugueiras, entre os 57 finalistas dos Martín Códax
Cincuenta e sete finalistas optarán aos aos IV Premios Martín Códax da Música, segundo vén de anunciarse na Festa de Nomeados que se celebrou, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax, en Cambados.
No medio dunha festa amenizada coa chispa e a música d’A Panadaría Teatro, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 4ª edición destes premios. Entre os finalistas, atopamos nomes con moita traxectoria como Xoel López, Davide Salvado ou Uxía, pero sobre todo moitísimos proxectos novos que entran a formar parte da gran familia de escollidos que cada ano opta aos galardóns da nosa música.
Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de Músicos ao Vivo mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (1 máis que na anterior edición): 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21espazos de comunicación musical. Desta volta, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. Os gañadores coñeceranse o 3 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Eis o listado dos 57 proxectos nomeados:
POP / INDIE
Os Amigos dos Músicos / Berlai / Xoel López
ROCK
Brais Morán / The Soul Jacket / Agoraphobia
JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
Iago Fernández / Alberto Vilas ‘Ubuntu’ / Miguel Lamas Quartet
HIP HOP / MÚSICAS URBANAS
Maladrómeda / García Mc / Wöyza
CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
Alberto Vilas ‘Universo Lem’/ Roberto Oliveira / Alejo Amoedo
FOLQUE
Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero / Os d’Abaixo
MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Tanxugueiras / Xosé Lois Romero e Aliboria / Davide Salvado
MÚSICAS DO MUNDO
Uxía / Tangata / Talabarte
MÚSICA INFANTIL
María Fumaça – Aire! / A Gramola Gominola / Pesdelán
MÚSICA ELECTRÓNICA
Malvares de Moscoso e J.CNNR / 2Pas0s / Pálida
METAL
Aphonnic / Tälesien / Raiba
REGGAE / SKA / MESTIZAXE
Dakidarria / O Sonoro Maxín / Bush Doctors
ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
Los Satélites / Poceiro Big Band / Áureas en Voga
BLUES / FUNK / SOUL
Carmen Rey / VooDoo / The Lakazans
CANCIÓN DE AUTOR
Sonia Lebedynski / Tatán Chapeu / Xoán Curiel – Ecuacións
COROS E GRUPOS VOCAIS
Encaixe / Sisters in the House / Ejazz
PREMIOS ORGANISTRUM
FESTIVAIS
Nigranjazz / Festival de Pardiñas / Surfing the Lérez
SALAS
A Pousada das Ánimas / Sala Mardi Gras / Garufa Club
ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
ZigZag-TVG / Gzmúsica / Onda Vital-Radio Galega