A RFEF destitúe Jorge Vilda, adestrador da selección española de fútbol
A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) cesou esta terza feira o selección da selección española feminina, Jorge Vilda.
Unha decisión practicamente inédita no fútbol feminino xa que Vilda vén de gañar o mundial de fútbol decorrido en Australia e Nova Zelandia para ser cesado menos dun mes despois.
A federación, dirixida agora por Pedro Rocha, tras a suspensión de Luis Rubiales por parte da FIFA fixo pública decisión tras unha reunión que, segundo fontes próximas á federación “durou uns poucos minutos”.
Polémicas
O paso do até o de agora seleccionador estivera cargado de polémicas despois de que 15 futbolistas renunciasen a acudir ao equipo pedindo "cambios importantes".
Uns cambios que non se deron, polo que só tres delas regresaron para o mundial.
Finaliza así o ciclo de Vilda que se dá após os seus aplausos a Rubiales na xa famosa Asemblea Extraordinaria da RFEF.