O Celta fecha a fichaxe de Marcos Alonso

Marcos Alonso. (RC Celta)
O Real Club Celta de Vigo tamén presentou o que será o seu terceiro equipamento para a presente tempada aproveitando a chegada do lateral.

O Real Club Celta de Vigo presentou o que será o seu terceiro equipamento para a presente tempada aproveitando a chegada da súa última fichaxe, o lateral Marcos Alonso. Un dobre anuncio co que o club quixo sorprender a toda a afección celeste que desde hai anos demandaba esta terceira elástica.

Nesta ocasión, trátase dunha prenda cor laranxa cun elegante deseño nos ombreiros que, do mesmo xeito que no segundo equipamento, representa algún dos lugares máis emblemáticos da cidade de Vigo como a ponte de Rande, o Pazo Quiñones de León de Castrelos, o faro de Alcabre, a Ermida da Guía e os soportais de O Berbés.

Desta maneira, o RC Celta, xunto con hummels, continúa a súa aposta por enxalzar as raíces e tradicións das que forma parte e que acompañarán durante toda a tempada aos xogadores e ás xogadoras do club celeste.

Tras sete campañas, o RC Celta volve sorprender aos afeccionados e as afeccionadas co lanzamento dun terceiro kit deseñado para reflectir a identidade do club e o seu enfoque cara ao futuro. Un terceiro equipamento que xa está dispoñíbel nas tendas físicas da Sede e Balaídos, así como na web oficial do club.