Borja Iglesias estrease como goleador na primeira titularidade co Celta

Ante a baixa de Iago Aspas, Claudio Giráldez confiou en Borja Iglesias na dianteira do Celta e o Panda non o defraudou.
Mingueza e Borja Iglesias. (Foto: La Liga)
photo_camera Mingueza e Borja Iglesias. (Foto: La Liga)

Primeira titularidade en Liga e primeiro gol de Borja Iglesias co Celta. Tan só precisou 11 minutos o Panda para adiantar o conxunto celeste no partido que enfronta o Real Club Celta co Vilarreal e así estrearse como goleador desde a súa volta ao equipo celtiña.

Ante a baixa de Iago Aspas, Claudio Giráldez confiou en Borja Iglesias na dianteira do Celta e o Panda non o defraudou. Chegaba así a esperada primeira diana do dianteiro compostelán na súa nova etapa en Vigo cun gol que incrementa as esperanzas postas nel.

 

Comentarios