Desgaste sen recompensa do Celta ante o Madrid

Iago Aspas
Abel quería intensidade e ten intensidade. Abel quería compromiso e ten compromiso. O Celta enfiou, aliás, bon futebol ante a escadra de Mourinho. Mais o arsenal do Real é o que é. O Celta chega máis inteiro e máis críbel que o Deportivo ao derbi da sexta feira.

 

O Celta xa dá ben no "intensómetro", mas continúa a penar as súas insuficiencias perante a baliza rival. Iago Aspas furouna, Park beirou o empate nunha cabezada postreira que bateu contra a trave. Enfrente estaba o Real Madrid, que tampouco veu de paseo a Balaídos, e que sempre ten a Cristiano pronto para marcar.

A derrota (1-2) non deixa máis feridas que o desgaste físico. O Celta estivo xeneroso na entrega e brillou por momentos cun fútebol alegre e combinativo. Aspas pediu paso e deixou ver o enorme futbolista que leva dentro.

Visto o visto, o Celta chega ao derbi da sexta feira non só cunha notábel vantaxe na clasificación (6 pontos), senón tamén con máis crédito futbolístico.

A semana futbolística promete emocións fortes.