O Celta xa dá ben no "intensómetro", mas continúa a penar as súas insuficiencias perante a baliza rival. Iago Aspas furouna, Park beirou o empate nunha cabezada postreira que bateu contra a trave. Enfrente estaba o Real Madrid, que tampouco veu de paseo a Balaídos, e que sempre ten a Cristiano pronto para marcar.
A derrota (1-2) non deixa máis feridas que o desgaste físico. O Celta estivo xeneroso na entrega e brillou por momentos cun fútebol alegre e combinativo. Aspas pediu paso e deixou ver o enorme futbolista que leva dentro.
Visto o visto, o Celta chega ao derbi da sexta feira non só cunha notábel vantaxe na clasificación (6 pontos), senón tamén con máis crédito futbolístico.
A semana futbolística promete emocións fortes.