París 2024

Os galegos Jacobo Garrido e Juan Ferrón conseguen o diploma paralímpico nos Xogos de París

Jacobo Garrido, terceiro na súa serie dos 400 metros libres S9 en París. (Foto: Gorka Leiza)

A selección de baloncesto en cadeira de rodas de María Victoria perdeu ante o combinado de Gran Bretaña.

Os galegos Jacobo Garrido e Juan Ferrón conseguiron o diploma paralímpico nos Xogos de París 2024. Garrido foi quinto na final de 400 metros libre e Juan Ferrón foi sétimo na 100 bolboreta.

O mozo coruñés Jacobo Garrido conseguiu esta sexta feira un diploma paralímpico nos Xogos de París tras quedar quinto na final dos 400 metros estilo libre na categoría S9.

Garrido, que comezou a nadar por recomendación médica aos seis meses e a nivel competitivo aos sete anos, participou nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, onde rozou o pódium en varias probas: foi cuarto na proba de substitucións 4x100 estilos e quinto en 400 libre e 100 bolboreta S9.

Así mesmo, Juan Ferrón quedou sétimo na final dos 100 metros bolboreta en categoría S13, obtendo o segundo diploma dos deportistas galegos nesta primeira xornada de competición. Tamén quedou sétimo na final dos 100 metros bolboreta en categoría S13.

Esta sexta feira, tamén participou nos xogos a galega María Victoria, integrante do equipo de baloncesto feminino en cadeira de rodas, que se enfrontou á selección de Gran Bretaña durante a primeira xornada dos Xogos Paralímpicos París 2024. O equipo británico impúxose cun marcador de 69 a 34.