Iniesta pon data á súa retirada: "Proximamante, o 8 de outubro"

Andrés Inista en 2018, nun partido do Barça contra a Real Socidade. (Foto DPPI Media AFP7 Europa Press)
O ex futbolista do FC Barcelona anunciou nas súas redes sociais que a vindeira semana dará máis detalles sobre o seu futuro.

Andrés Iniesta anunciará o próximo día 8 a súa retirada do fútbol profesional. Así se desprende da mensaxe que esta terza feira compartiu nas súas redes sociais na que empraza a afección a un acto en Barcelona, o vindeiro día 8, no que dará conta dos seus plans de futuro.

O xogador manchego retírase tras unha carreira de éxito con 38 títulos: 32 co Barça, tres co Vissel Kobe e tres coa selección española, con dúas Eurocopas e, especialmente, un Mundial, o de Suráfrica en 2010 no que co seu gol na final fronte a Países Baixos, logrou para o equipo o título de campión.

Iniesta vén de fechar a súa etapa profesional como futbolista nos Emiratos Árabes, onde fixo  40 anos como xogador en activo. Ao final da temporada pasada ficou sen equipo.