Andrés Iniesta anunciará o próximo día 8 a súa retirada do fútbol profesional. Así se desprende da mensaxe que esta terza feira compartiu nas súas redes sociais na que empraza a afección a un acto en Barcelona, o vindeiro día 8, no que dará conta dos seus plans de futuro.
COMING SOON🔜8️⃣🔟2️⃣4️⃣ pic.twitter.com/H0eaSKkTwU
— Andrés Iniesta (@andresiniesta8) October 1, 2024
O xogador manchego retírase tras unha carreira de éxito con 38 títulos: 32 co Barça, tres co Vissel Kobe e tres coa selección española, con dúas Eurocopas e, especialmente, un Mundial, o de Suráfrica en 2010 no que co seu gol na final fronte a Países Baixos, logrou para o equipo o título de campión.
Iniesta vén de fechar a súa etapa profesional como futbolista nos Emiratos Árabes, onde fixo 40 anos como xogador en activo. Ao final da temporada pasada ficou sen equipo.