A Liga rebaixa o límite salarial do Celta até 77,57 millóns

Óscar Mingueza, estes días protagonista entre Celta e Barça. (Foto: RC Celta).
A liga deu a coñecer os datos dos límites salariais para os clubs profesionais de Primeira e Segunda División

A liga deu a coñecer esta quinta feira de maneira oficial os datos dos límites salariais para os clubs profesionais de Primeira e Segunda División a data de hoxe. Fíxoo tras comprobar todas as operacións realizadas no mercado de verán previo ao comezo da tempada 2024-2025 que xa está en marcha, cun total de 2.608 millóns na máxima categoría.

En relación aos equipos galegos que entrarían na categoría de profesionais, na máxima categoría do fútbol estatal o Celta contará cun tope de 77,57 millóns de euros. Con este importe, a entidade que preside Marián Mouriño reduce a posibilidade de gasto con respecto ao mercado de inverno da tempada pasada, cifrado en 81,1 millóns de euros, e tamén á cantidade coa que comezou a andar o ano pasado: 79, 8 millóns de euros. 

O club celeste ten por diante a Real Madrid (754,8), Barcelona (426,4), Atlético (310,6), Real Sociedade (159,2), Vilarreal (135,8), Betis (108,9), Athletic Club (100,8) e Xirona (94,4). Por detrás do cadro celeste sitúanse Valencia (74,6), Mallorca (58,8), Osasuna (51,8), Raio (45,3), Valladolid (41,8), As Palmas (40,3), Xetafe (39,1), Alavés (38,6), Leganés (37,1), Espanyol (8,7) e Sevilla (2,4).

Dépor e Rácing

En Segunda División o Deportivo conta con 13,4 millóns de euros de límite de custo de persoal deportivo. Ademais, o Deportivo matiza que no seu tope salarial inclúense o equipo feminino, que no seu caso milita na liga F, e o filial, da Segunda Federación. Do mesmo xeito, o club coruñés entende que, como moitas entidades destinan diñeiro ao seu persoal feminino a través da súa fundación.

As cifras presentadas conclúen que só outros dous clubs supéranlle. Son os casos do Cádiz, con 18,8 millóns de euros, e o Elxe, con 14,9 millóns. O outro equipo galego da categoría, o Rácing, queda en 7,5 millóns, unha cifra superior á que tiña a tempada pasada: 6,5 millóns. Entre ambos os dous figuran Oviedo (15,3), Rácing de Santander (12,2), Tenerife (12), Zaragoza (11,7), Eibar (10), Málaga (9,8), Castellón (8,2), Sporting (8,1) e  Burgos (7,9). por tras do equipo de Ferrol estarían Albacete (7,4), Granada (6,9), Córdoba (6,1), Eldense (5,3), Mirandés (4,3), Levante (4,2), Cartaxena (4,1), Almería (3,5) e Huesca (2,5).