Fútbol sala

O Noia FS dá inicio a unha pretempada de sete semanas

O Noia FS da tempada 2024-2025 (Foto: Noia FS).
O equipo noiés disputará sete encontros amigábeis entre o 31 de agosto e o 5 de outubro.

O Noia Portus Apostoli comezou os adestramentos nunha pretempada de sete semanas antes do inicio da liga o 12 de outubro.

En total, dezaseis futbolistas veranse na pista, trece do primeiro equipo máis tres do filial. Ademais dos reforzos (Schütt, Peixe, Montero, Diego Fávero, Rubi, Álex García e Garrincha), a gran novidade foi Attos, que volve despois de lesionarse en febreiro.

Como se anunciou o pasado xullo,sete amigábeis de pretemporada xogará o Portus Apostoli entre o 31 de agosto e o 5 de outubro.

De todos eles, un cambiou de data con respecto ao primeiramente indicado, quedando o calendario da seguinte maneira, a expensas de posíbeis novas alteracións: o Parrulo (31 de agosto), o Burela (7 e 19 de setembro), o Caxinas Poça Barca (14 de setembro), o VII Trofeo Portus Apostoli (do 27 ao 29 de setembro) e o Braga (5 de outubro).