VÍDEO | "Support your local fckn team": Esta é a campaña da nova segunda vestimenta do Celta

Secuencia da nova campaña do RC Celta (Foto: RC Celta).
Para os que non temos "second team", senón que se manteñen fieis ao equipo da súa terra, esa é a mensaxe escollida na campaña.

"Para os que non temos second team", así se dirixe o RC Celta aos seareiros e ás seareiras que non apostan por un equipo dos considerados xigantes das grandes competicións, senón que se manteñen fieis á escuadra da súa terra.

"Imaxino que es un deses. Escolles o camiño sinxelo. Os do cabalo gañador. Só aquí para gañar. Isto non se trata diso. Trátase dun sentimento de pertenza. Só para quen non renuncian ás súas orixes. Mais escoita, non te preocupes por min. Deberías preocuparte por ti mesmo. Support your local fckn team", así é o vídeo co que o Celta de Vigo promove a súa nova segunda vestimenta.