"Para os que non temos second team", así se dirixe o RC Celta aos seareiros e ás seareiras que non apostan por un equipo dos considerados xigantes das grandes competicións, senón que se manteñen fieis á escuadra da súa terra.
𝗦𝘂𝗽𝗽𝗼𝗿𝘁 𝘆𝗼𝘂𝗿 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹 𝗳𝗰𝗸𝗻 𝘁𝗲𝗮𝗺. #NoSecondTeam@hummel1923 ⋄ @hummelspain pic.twitter.com/BbIPBX87gv
— RC Celta (@RCCelta) July 10, 2024
"Imaxino que es un deses. Escolles o camiño sinxelo. Os do cabalo gañador. Só aquí para gañar. Isto non se trata diso. Trátase dun sentimento de pertenza. Só para quen non renuncian ás súas orixes. Mais escoita, non te preocupes por min. Deberías preocuparte por ti mesmo. Support your local fckn team", así é o vídeo co que o Celta de Vigo promove a súa nova segunda vestimenta.