A UEFA sanciona os futbolistas españois Rodrigo Hernández e Álvaro Morata por cantar ‘Xibraltar español’

Xogadores da selección española na celebración da Eurocopa. (Foto: Óscar Ortiz / Europa Press)

Os xogadores non poderán xogar o próximo partido da UEFA.

O Órgano de Control, Ética e Disciplina da UEFA (CEDB) sancionou os xogadores da selección española Rodrigo Hernández (Rodri) e Álvaro Morata polos seus cánticos sobre Xibraltar na celebración da Copa de Europa. Ambos os dous foron prohibidos de xogar no próximo partido da competición por equipos da UEFA.

Nun comunicado, o CEDB asegura que os xogadores incumpriron os principios xerais de conduta, violaron as normas básicas de conduta digna, utilizaron eventos deportivos para manifestacións de carácter non deportivo e desprestixiaron o deporte do fútbol e, en particular, a UEFA.

Hai unhas semanas abriuse expediente a Rodri e Morata por ter cantado "Xibraltar é español" durante a celebración do título da Eurocopa en Madrid.

Os feitos provocaron unha queixa do Goberno e da Asociación de Fútbol de Xibraltar. O ministro xefe de Xibraltar, Fabian Picard, criticou os cánticos: "Mesturar unha vitoria deportiva cun cántico que enxalza as políticas da ditadura dun asasino de masas como Franco e o intento do seu réxime fascista de usurpar un veciño do territorio, que tamén é unha nación da UEFA. é peor que noxento. Mancha o deporte do fútbol e a vitoria no campo".