O presidente da patronal galega cre que Galiza creará emprego grazas á venda de NGB e Barreras

Fernández Alvariño vaticinou que no primeiro semestre o noso país creará emprego por riba da media estatal e considera que se está indo na dirección axeitada. 

O presidente do empresariado galego, Fernández Alvariño, ve o futuro, e mesmo o presente, con optimismo. No mesmo día que se coñecía que en Galiza o paro aumentara en decembro en 209 persoas (mentres no Estado baixara) e que en 2013 destruíranse no noso país case 13.000 empregos, Alvariño afirmaba que estábase indo polo bo camiño.

O presidente da patronal mesmo vaticinou que “no primeiro semestre do ano”, é dicir de agora até xuño, Galiza ía crear emprego por riba da media do Estado español. É dicir, todo o contrario que até o de agora, pois o país nos últimos meses presenta peores rexistros e medias que o Estado español.

Maior flexibilidade laboral

Para Fernández Alvariño hai unha serie de datos que, afirma, avalan esta teoría. Cita así a venda de NGB (comprada por un banco venezuelano) e de Barreras (por unha paraestatal mexicana). A isto engade o ‘espertar’ do sector da automoción.

José Manuel Fernández Alvariño ten demandado reiteradamente unha "maior flexibilidade" para crear emprego, xa que "é o que demanda o mercado", de modo que conveu que "as formas non son importantes".