Máis de seis milóns de desempregad@s no Estado español

O paro no Estado español supera por vez primeira os seis millóns de persoas segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa para o primeiro trimestre do ano.

 

6.202.700 é o dato que aporta a enquisa publicada hoxe día 25 de abril. O desemprego increméntase así con respecto ao último trimestre do pasado ano, en que se rexistaban 5.965.400 persoas sen emprego. 

Esta EPA faise pública cando se vén de coñecer a intención do goberno español de ampliar a edade de xubilación até despois dos 67 anos alén de aumentar os anos de cotización que se precisan para ter dereito á pensión, segundo se recolle no informe que o Ministerio de Emprego remitiu á Comisión do Pacto de Toledo.