6.202.700 é o dato que aporta a enquisa publicada hoxe día 25 de abril. O desemprego increméntase así con respecto ao último trimestre do pasado ano, en que se rexistaban 5.965.400 persoas sen emprego.
Esta EPA faise pública cando se vén de coñecer a intención do goberno español de ampliar a edade de xubilación até despois dos 67 anos alén de aumentar os anos de cotización que se precisan para ter dereito á pensión, segundo se recolle no informe que o Ministerio de Emprego remitiu á Comisión do Pacto de Toledo.