Novo accidente laboral: falece un traballador ao caer desde 10 metros de altura en Compostela

Sucedeu nunha nave situada no Polígono do Tambre.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)

Un operario faleceu na mañá desta terza feira en Santiago de Compostela tras sufrir unha caída desde uns 10 metros de altura nunha nave situada no Polígono do Tambre.

Os feitos ocorreron pouco antes das 9 horas, segundo informou a central de emerxencias do 112-Galiza, nunha nave industrial situada na estrada da Coruña, a N-550. Ao parecer, o traballador estaba sobre o tellado da nave cando unha parte cedeu e provocou a súa caída.

Até a zona desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061 que, a pesar dos esforzos, non puido salvar a vida do traballador. Ademais, até o lugar tamén se desprazou unha patrulla da Policía Nacional e deuse aviso á Policía Local de Santiago.

Comentarios