A Galiza contabilizou no segundo trimestre do ano 126.179 ocupados e ocupadas vinculadas a actividades turísticas, o que supón un 3% menos que no mesmo período de 2023, segundo os datos difundidos esta quinta feira por Turespaña a partir da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste total, 96.182 persoas eran asalariadas, un 5,4% menos, e 29.998, autónomas, subindo un 5,6%.
Mentres caeu o emprego vinculado ao turismo na Galiza, o Estado español superou no segundo trimestre do ano os 2,97 millóns de ocupados e ocupadas vinculadas a actividades turísticas, o que supón un incremento interanual do 3,5% e 101.008 empregados e empregadas máis que no mesmo período de 2023.