Catalunya

Junts confía en que Puigdemont poida "exercer os seus dereitos" antes de que termine o pleno de investidura

Albert Batet acusa ERC de asumir o marco mental do PSC
Carlos Batet no pleno de investidura de Salvador Illa. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
photo_camera Carlos Batet no pleno de investidura de Salvador Illa. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)

O portavoz de Junts no Parlament de Catalunya, Albert Batet, manifestou que o seu grupo confía en que o ex president da Generalitat de Catalunya Carles Puigdemont poida chegar ao Parlament de Catalunya e "exercer os seus dereitos" antes de que termine o pleno de investidura do candidato socialista Salvador Illa.

"Esperamos que antes de que termine o pleno, o president Puigdemont poida exercer os seus dereitos como electo e como deputado deste Parlament", afirmou na súa intervención no pleno de investidura.

Ademais, cargou contra os republicanos que, ao seu xuízo, asumiron esta quinta feira definitivamente e sen disimular o marco mental da formación socialista: "Non é que queiramos ser vixiantes, é que queremos ser impecábeis".

"Agora ao Goberno español xa non lle fará falta aplicar o 155 porque o seu gardián ocupará o Palau da Generalitat de Catalunya. Coa investidura do señor Illa, Catalunya autoimponse un 155", criticou Batet.

O deputado de Junts avisou de que un Govern da Generalitat no que Illa estea á fronte estará "supeditado aos intereses do PSOE". Ademais, cualificou de escándalo "as cargas policiais" contra independentistas que entraron finalmente no recinto da Ciutadella, onde está o Parlament.

Comentarios