O STL convoca unha asemblea para decidir sobre a continuidade ou a desconvocatoria da folga de recollida de lixo na Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou nas últimas horas que espera que nos próximos días se vaia normalizando a situación.
Operativo de recollida do lixo na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Operativo de recollida do lixo na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

O Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) convocou para esta quinta feira unha asemblea para abordar a continuidade ou non da folga indefinida convocada desde o pasado 24 de xuño na recollida do lixo na cidade da Coruña.

Así o explicou o voceiro do comité de folga, Alfonso Seijo, que sinalou que a convocaron, ás 20 horas, "para ver que facemos". Con todo, volveu rexeitar que houbese unha asemblea de traballadores e traballadoras na que se apoiase desconvocar a folga.

"A anterior noite falouse con afiliados e indefinidos para ver que opinaban", sinalou. Ademais, limitou a unhas decenas de persoas os presentes. "25 traballadores de 200", indicou para asegurar que o obxectivo era ver "que opinaban".

"Mais iso non se pode considerar asemblea", dixo. En canto á convocada nesta xornada, asegurou que se abordará "o tema da folga" e se "se quere ou non" desconvocar e "que é o que hai que pedir e senón como hai que seguir".

Normalización da situación

Mentres, a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou nas últimas horas que espera que nos próximos días se vaia normalizando a situación coa maior recollida na quenda de noite por parte da empresa concesionaria, Prezero.

Tamén polas dúas quendas, desde as sete da mañá até as once da noite, por parte de Valoriza, a empresa que asumiu neste tramo horario a recollida tras decretarse a emerxencia sanitaria.

Comentarios