Sermos Galiza non se actualizará até o 26 de decembro

Por descanso do persoal durante as festas, Sermos Galiza non actualizará o diario dixital o 24 á tarde e o 25 de decembro. 

 

A partir desta tarde e até o vindeiro día 26 de decembro, Sermos Galiza non actualizará o diario dixital. Por descanso do plantel de traballadoras e traballadores tampouco se publicará o semanario en papel que volverá aos quiosques, librarías e moradas do país o vindeiro día 9 de xaneiro. 

Desde a redacción e a equipa de dirección de Sermos Galiza desexámosvos boas festas.