Afirma que a gañancia estivo entre 18 e 20 mil euros

Espinar di que vendeu a vivenda protexida porque non podía pagar a hipoteca

Espinar, no Senado

O home forte de Pablo Iglesias en Madrid compareceu de urxencia perante a imprensa.

Ramón Espinar, portavoz de Podemos no Senado e destacado dirixente da corrente pablista dentro da formación morada, afirma que vendeu a vivenda protexida -unha morada pola que desembolsou 146 mil euros e pola que obtivo 176 mil- porque non podía afrontar a hipoteca.

O político de Podemos afirma que a gañancia obtida, deducidos os impostos, oscila entre os 19 e os 20 mil euros.

Afirma que vendeu a morada porque ao receber as escrituras reparou en que os seus ingresos -á altura de 2011 rondaban os 480 euros, unha bolsa da Universidade Complutense- non alcanzaba para pagar a hipoteca (580).

Di que puido facer fronte á entrada da vivenda (52 mil euros) grazas a un empréstimo familiar.

O sector de Pablo Iglesias considera que a divulgación desta información por parte da SER xustamente nas vésperas do combate pola secretaría xeral de Podemos Madrid non é inocente.