A Garda Civil rexista un voo privado da familia Guardiola na procura de Puigdemont
Familiares de Guardiola asistiron entre perplexos e escandalizados ao rexisto, no aeroporto de El Prat, do avión privado en que retornaban dun desprazamento a Manchester, informou esta sexta feira Catalunya Rà e segyudio. O treinador catalán é coñecido polo seu apoio ao procés.
A Garda Civil deu crédito á hipótese de Pep Guardiola colaborar nunha operación de entrada clandestina de Carles Puigdemont en territorio de xuridisdición española e, por tanto, procedeu ao rexisto dun voo privado en que familiares do treinador retornaban a Barcelona após lle facer unha visita en Manchester. Non se sabe se esta actuación do instituto armado tiña ou non o pertinente aval xudicial.
Non contentos co rexisto do avión, e segundo informacion de RAC-1, deron o alto a un vehículo no que viaxaba a filla de Pep Guardiola cunha outra persoa. Querían saber se tamén viaxaba, agochado, Puigdemont. Non acharon nada.
Estas accións policiais causan estrañeza, nomeadamente porque nos ambientes independentistas se ten moi asumido que o CNI sabe perfeitamente onde se atopa Puigdemont.
A imaxe de Joaquín Reyes caracterizado como Puigdemont está tirada de El Intermedio