A Garda Civil rexista un voo privado da familia Guardiola na procura de Puigdemont

Familiares de Guardiola asistiron entre perplexos e escandalizados ao rexisto, no aeroporto de El Prat, do avión privado en que retornaban dun desprazamento a Manchester, informou esta sexta feira Catalunya Rà e segyudio. O treinador catalán é coñecido polo seu apoio ao procés.

farinha
photo_camera Guardiola, fotografado cun exemplar de Fariña en solidariedade con Nacho Carretero

A Garda Civil deu crédito á hipótese de Pep Guardiola colaborar nunha operación de entrada clandestina de Carles Puigdemont en territorio de xuridisdición española e, por tanto, procedeu ao rexisto dun voo privado en que familiares do treinador retornaban a Barcelona após lle facer unha visita en Manchester. Non se sabe se esta actuación do instituto armado tiña ou non o pertinente aval xudicial.

Non contentos co rexisto do avión, e segundo informacion de RAC-1, deron o alto a un vehículo no que viaxaba a filla de Pep Guardiola cunha outra persoa. Querían saber se tamén viaxaba, agochado, Puigdemont. Non acharon nada.

El IntermedioA noticia chega un día após axentes da Policía Nacional amagar coa detención do humorista Joaquín Reyes, en plena gravación dun skecht para o programa de LaSexta "El Intermedio". Reyes estaba caracterizado como Puigdemont. Un veciño advertiu a súa presenza e deu parte á policía, que se personou no lugar coa intención de prender o suposto president.

Estas accións policiais causan estrañeza, nomeadamente porque nos ambientes independentistas se ten moi asumido que o CNI sabe perfeitamente onde se atopa Puigdemont.

A imaxe de Joaquín Reyes caracterizado como Puigdemont está tirada de El Intermedio

Comentarios