O Goberno israelí reclama a expulsión de Turquía da OTAN tras afirmar Erdogan que podería intervir contra Israel

O ministro de Asuntos Exteriores israelí, Israel Katz (Foto: Europa Press / Contacto / Lev Radin).
"Fago un chamamento a todos os membros da OTAN para que retiren inmediatamente [da alianza] a Turquía", dixo Israel Katz.

O ministro de Asuntos Exteriores israelí, Israel Katz, fixo un chamamento aos Estados membros da OTAN para que exclúan Turquía da alianza militar, despois de que o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, dixese este domingo que o seu Estado podería actuar contra Israel, como xa fixeron en Nagorno Karabaj e en Siria.

O chanceler denunciou que Turquía "alberga a sede de Hamás", que lanza ataques contra o territorio israelí e que se converteu "nun membro do eixo do mal iraniano" xunto co propio movemento palestino, con Hezbolá e cos hutíes do Iemen.

"Fago un chamamento a todos os membros da OTAN para que retiren inmediatamente [da alianza] a Turquía: Turquía non ten cabida na OTAN; os Estados Unidos e o mundo occidental deben denunciar a Erdogan e frear as súas actividades destrutivas", dixo Katz.

As palabras de Erdogan

Neste sentido, nun momento no que a tensión en Oriente Medio medra a cada momento. O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, asegurou este domingo que Turquía podería intervir contra Israel "igual que entramos en Karabaj ou Libia".

"Debemos ser moi fortes para que Israel non poida facerlle estas cousas a Palestina, igual que entramos en Karabaj ou Libia, faremos o mesmo con eles", apuntou durante un acto do seu partido na rexión de Rize, recolle o xornal Haberler.

"Non hai nada que nos impida facelo. Só temos que ser o bastante fortes para dar estes pasos", argumentou ante seguidores e seguidoras do Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP) nun escenario que crecentes tensións en Oriente Medio.

A desta terza feira é a segunda reacción de Israel Katz ás palabras de Erdogan. Así, o domingo, o chanceler israelí comparou o mandatario turco co ex presidente de Iraq, Sadam Huseín. "Erdogan está indo polo camiño de Sadam Huseín e ameaza con atacar Israel. Debería recordar o que pasou alí e como rematou iso", afirmou.