Mário Soares, en estado crítico

[Imaxe: Wikipedia] Mário Soares, nunha imaxe de 2014

A saúde do ex presidente portugués empeorou nas últimas horas e atópase ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Cruz Vermella.

Mário Soares atópase ingresado na Unidade de Coidados Intensivos da Cruz Vermella, en Lisboa, após sufrir un episodio agudo na mañá do sábado, cando o seu estado de saúde se agravou.

Medios lusos informan de que o ex presidente da República sofre unha situación crítica. “O estado de saúde é crítico e o prognóstico é reservado”, sinalou en declaracións aos medios na tarde do sábado o portavoz Jose Barata.

O actual presidente, Marcelo Rebelo de Sousa, acudiu ao hospital para lle amosar o seu apoio á familia do fundador do PS.