Puigdemont reaparece en Waterloo

O líder de Junts, Carles Puigdemont (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).

Carles Puigdemont rompeu o seu silencio nunha mensaxe nas redes sociais. Explicou que está de volta en Waterloo [Bélxica, onde leva residindo estes últimos anos] e criticou duramente a operación policial.

"O inefábel Conseller de Interior do noso Goberno -afirma- realizou unha das roldas de prensa máis deplorábeis que recordo". E engade: "Non podo crer a caza de bruxas que se desatou contra algunhas persoas concretas, simplemente porque foron vistas ao meu lado en determinados momentos".

Tamén afirma: "A onda represiva desatada polo conseller Elena e o comisario xefe dos Mossos é digna de Marlaska ou Zoido". E asegura que non se lles debe pedir aos Mossos que sexan leais ás ideas e narracións políticas: "isto é o que fan os españois coa súa policía e coa Garda Civil". Tamén explica: "Algunhas cousas non me sorprenden, como o feito de dicir que levaba un sombreiro de palla (non o levaba, nin estiven nunca nun baúl)".

E como consideración final di: “Se o conseller Elena e o Departamento de Gobernación cumpriran a lei e me deran a escolta que me corresponde, saberían en todo momento cal era o meu percorrido por Barcelona e Cataluña. Non terían precisado a delirante operación de onte, que formará para sempre parte da súa biografía pública. E non como mérito, precisamente".