Tejero celebrou o 33 aniversario do 23F nun cuartel da Garda Civil nun acto organizado polo seu fillo

No xantar no cuartel de Valdemoro estivo presente,entre outros, Jesús Muñecas. Cuxa extradición solicitou unha xuíza arxentina na causa por crimes do franquismo. 

O ministerio español de Interior destituíu ao teniente coronel Antonio Tejero Díez por convidar o seu pai, o golpista Tejero Molina, a un xantar de celebración do aniversario do golpe de estado do 23F, nun acto que decorreu no cuartel da Garda Civil de Valdemoro. No acto estiveron presentes, entre outros, o ex-capitán Jesús Muñecas, condenado a 5 anos por ese golpe e cuxa extradición solicitou a xuíza María Servini na causa polos crimes do franquismo.

Segundo o ministerior, Tejero Díaz celebrou “un xantar non autorizado no seu cuartel con diversas persoas implicadas no intento de golpe de Estado do 23F”. No acto conmemorouse o 33 aniversario deses feitos, como recoñeceron fontes do goberno español citadas por EFE.