O ministerio español de Interior destituíu ao teniente coronel Antonio Tejero Díez por convidar o seu pai, o golpista Tejero Molina, a un xantar de celebración do aniversario do golpe de estado do 23F, nun acto que decorreu no cuartel da Garda Civil de Valdemoro. No acto estiveron presentes, entre outros, o ex-capitán Jesús Muñecas, condenado a 5 anos por ese golpe e cuxa extradición solicitou a xuíza María Servini na causa polos crimes do franquismo.
Segundo o ministerior, Tejero Díaz celebrou “un xantar non autorizado no seu cuartel con diversas persoas implicadas no intento de golpe de Estado do 23F”. No acto conmemorouse o 33 aniversario deses feitos, como recoñeceron fontes do goberno español citadas por EFE.